Asesoría

A Asesoría Xestión Boiro abrimos as nosas portas no 2011, aínda que xa contábamos con máis de dez anos de experiencia no sector. Somos unha empresa formada por profesionais altamente cualificados que día tras día continuamos a nosa formación para poder ofrecer as solucións máis adaptadas a cada trámite ou problema. Traballamos tanto para empresas como para personas particulares.

Asesoría Xestión Boiro é unha asesoría na que se pode xestionar e tramitar todo tipo de documentos. Entre as nosas especialidades podemos destacar:

  • Temas laborais: nóminas, finiquitos, despidos, reclamacións...
  • Asesoramiento a empresas
  • Impostos tributarios
  • Declaracións da renda
  • Subvencións
  • Prestacións
  • Trámites fiscais

Ademais, ofrecémonos coma punto de consulta e información da normativa vixente, así como de interpretación de convenios e normativa aplicable.

Ofrecemos aos nosos clientes un trato directo e personalizado, realizando informes e estimacións mensuais e trimestrais co fin de ir asesorando ao cliente na súa actividade ou na súa empresa no día a día. Damos a posibilidade de que os clientes se comuniquen con nós vía whatsapp, mail ou teléfono.

Corredores de seguros

A corredores de seguros da Asesoría Xestión Boiro continúa co negocio familiar aberto na parroquia de Escarabote en 1974. Sendo corredores podemos chegar a máis clientes xa que ofrecemos os produtos máis completos do mercado. Traballamos coas aseguradoras máis importantes.

Polo tanto, unha vez que detectamos as necesidades do cliente o que facemos é un estudo obxectivo entre os produtos para atopar o que mellor se adapte as túas necesidades. Traballamos sempre de forma independente e só buscando o seguro que mellores garantías e prezo lle ofrezcan aos nosos clientes.

Somos corredores de seguros, e polo tanto somos independentes, traballando coa compañía que mellor servizo ou produto poda ofertar en cada momento a cada cliente. Facilitamos un prezo moito máis competitivo que os bancos, e damos un servizo personalizado.

Ofrecemos seguros de todo tipo:

  • Coche
  • Fogar
  • Comunidade
  • Vida
  • Mascotas
  • Saúde
  • Defensa xurídica
  • Produtos financieiros
  • Transporte
  • Embarcacións

Traballamos con aseguradoras de primeiro nivel

Necesitas un novo seguro? Buscas un asesor para a túa empresa? Contacta con Asesoría Xestión Boiro e asesórate da man de profesionais con experiencia.

A túa asesoría de confianza en Boiro

Asesoría Xestión Boiro somos unha asesoría e corredores de seguros de Boiro. Ofrecemos un contacto directo e personalizado cos clientes. Non dubides en poñerte en contacto.