Trato profesional e solucións personalizadas

Asesoría Xestión Boiro somos unha empresa de servizos xurídicos e corredores de seguros de Boiro. Nas nosas oficinas contamos con persoal altamente cualificado que busca, sempre, a mellor das solucións para cada un dos clientes.

Como corredores de seguros continuamos co negocio familiar, aberto en 1974 na parroquia de Escarabote. Para aumentar as posibilidades de negocio, quixemos sacar de novo a autorización coma corredores de seguros e abrir as novas oficinas en Boiro.

Pola súa banda, a asesoría xurídica abrímola no ano 2011. O persoal que a formamos contamos con máis de 10 anos de experiencia neste sector, polo que podemos asesorar a cada cliente e buscar as solucións máis axeitadas segundo os trámites que nos presenten.

Buscamos o contacto directo e, ademáis das visitas que poden facer ás oficinas, tamén ofrecemos a posibilidade de comunicarnos de forma "online" tanto vía whatsapp, mail ou por teléfono. Desta maneira damos un servizo máis rápido e buscamos de forma inmediata unha resposta ante calquera incidencia ou consulta.

Fotografía de Xestión Boiro
Corredores de seguros

Somos unha empresa independente, polo que traballamos con todas as compañías de seguros. Ofertamos, dependendo das necesidades dos nosos clientes, o produto que máis se adapte a ti.

Fotografía de Xestión Boiro
Asesoría

Xestionamos e tramitamos temas legais tanto a empresas coma a particulares. Realizamos informes e estimacións mensuais a fin de ir asesorando de forma personalizada a cada cliente na súa actividade.

Fotografía de Xestión Boiro
Comunicación online

Queremos manter unha comunicación directa con todos os clientes por eso ofrecemos a posibilidade de que se comuniquen con nós a través de email, whatsapp ou teléfono.

As nosas instalacións

  • Instalacións de Xestión Boiro
  • Instalacións de Xestión Boiro
  • Instalacións de Xestión Boiro
  • Instalacións de Xestión Boiro

Contacta con nós

Se buscas un asesoramento profesional ou precisas contratar un seguro e queres estudar todas as opcións, non o dubides máis, chama a Asesoría Xestión Boiro. Somos a túa resposta.

A túa asesoría de confianza en Boiro

Asesoría Xestión Boiro somos unha asesoría e corredores de seguros de Boiro. Ofrecemos un contacto directo e personalizado cos clientes. Non dubides en poñerte en contacto.