Asesoría
A Asesoría Xestión Boiro abrimos as nosas portas no 2011, aínda que xa contábamos con máis de dez anos de experiencia no sector. Somos unha empresa formada por profesionais altamente cualificados que día tras día continuamos a nosa formación para poder ofrecer as solucións máis adaptadas a cada trámite ou problema. Traballamos tanto para empresas como para particulares.
A nosa é unha asesoría na que se pode xestionar e tramitar todo tipo de documentos. Entre as nosas especialidades podemos destacar:
Temas laborais: nóminas, liquidacións, despedimentos, reclamacións...
Asesoramento a empresas
Impostos tributarios
Declaracións da renda
Subvencións
Prestacións
Trámites fiscais
Ademais, poñémonos a disposición como punto de consulta e información da normativa vixente, así como de interpretación de convenios e lexislación aplicable.
Queremos darlle a cada cliente un trato directo e personalizado, realizando informes e estimacións mensuais e trimestrais có fin de ir asesorando ao usuario na súa actividade ou súa empresa no día a día. Damos a posibilidade dunha comunicación directa vía telemática.