Noticias de interese de Asesoría Xestión Boiro

Convenio de empresa: cando é obrigatorio telo?

Publicado: 03 de xuño de 2025, 08:40
  1. ASESORÍA
Convenio de empresa: cando é obrigatorio telo?

Asinas contratos, aplicas o convenio do sector... pero un día alguén te pregunta polo convenio de empresa. Faise falta ter un? É obrigatorio nalgún caso? Xa che avisamos que a dúbida é máis ca lóxica, porque non sempre está claro. Depende de varios factores, e non sabelo pode xerarche máis dun crebacabezas. É o que precisamente queremos evitar con este artigo desde Xestión Boiro Asesores, a túa asesoría en Boiro: a continuación contámosche en que situacións si estás obrigado a telo e cando é simplemente unha opción para mellorar a organización interna.

Obrigas legais con respecto aos convenios de empresa

O primeiro que debes saber é que a lei non obriga por defecto a ter un convenio de empresa. É dicir, se non tes un, non estás incumprindo nada. O habitual é que se apliquen os convenios colectivos do sector correspondente. Pero iso non significa que un convenio propio non poida ser moi útil. Ou mesmo necesario, nalgúns casos concretos.

Por exemplo, se o convenio sectorial que che afecta contempla a posibilidade de pactar un convenio de empresa, e os representantes dos teus traballadores o solicitan, estarías na obriga de sentarte a negociar. E se chegades a un acordo, ese novo convenio será de obrigado cumprimento para ambas as partes.

Tamén pode ser obrigatorio se ti, como empresa, e os teus traballadores decidides voluntariamente abrir un proceso de negociación. A partir do momento en que se asina e se publica, o convenio pasa a ter o mesmo peso que calquera outro convenio colectivo: hai que cumprilo.

Outros escenarios que implican ter un convenio de empresa

Outro escenario frecuente son os pactos previos. É dicir, se no pasado asinaches algún acordo cos teus traballadores no que se establecía que se negociaría un convenio en determinadas condicións, ese compromiso pode levarche a ter que elaboralo chegado o momento.

E ollo coas fusións ou sucesións de empresas. Se te fas cargo dunha empresa que xa tiña o seu propio convenio, este pode seguir en vigor durante un tempo, mesmo despois do cambio de titularidade. Ata que se pacte un novo, segue aplicando.

A utilidade dos convenios de empresa

Agora ben, máis alá de se é obrigatorio ou non, un convenio de empresa tamén pode ser unha ferramenta moi útil. Permíteche adaptar as condicións laborais á realidade concreta do teu negocio, mellorar aspectos do convenio sectorial que se queden curtos e deixalo todo moito máis claro por escrito. Ademais, fortalece o diálogo cos traballadores e dá máis estabilidade ao día a día.

Tes dúbidas sobre se deberías ter un convenio de empresa? Consulta cos nosos asesores en Boiro

Posiblemente xa resolvamos algunha das túas principais dúbidas sobre os convenios de empresa, pero se non é o teu caso, contacta connosco: desde Xestión Boiro Asesores axudámosche a valoralo, e se o necesitas, acompañámoste en todo o proceso.

Noticias relacionadas

Tipos de contratos existentes: cal é o máis empregado? 9 Abr

Tipos de contratos existentes: cal é o máis empregado?

09/04/2025 ASESORÍA
Cando falamos de contratos laborais, entramos nun terreo onde a seguridade xurídica e a estabilidade laboral xogan un papel crave. Se es traballador ou empresario, comprender os diferentes tipos de contratos é o que realmente marca a diferenza á hora de tomar unha boa ou unha mala decisión. A
Podo grabar a un empleado mentres traballa? 14 Feb

Podo grabar a un empleado mentres traballa?

14/02/2025 ASESORÍA
A gravación de empregados no ámbito laboral é unha práctica cada vez máis común, motivada por diversos intereses como a seguridade, o control de calidade e a prevención de fraudes. Con todo, non está exenta de regulacións e limitacións. Sen máis dilación, desde Xestión Boiro Asesores contámosche
Despido disciplinario: que é? Cando se pode aplicar? 13 Dec

Despido disciplinario: que é? Cando se pode aplicar?

13/12/2024 ASESORÍA
O despido disciplinario constitúe unha das formas máis drásticas de extinción da relación laboral. Prodúcese cando un traballador incumpre de maneira grave e culpable as obrigacións derivadas do seu contrato de traballo. Esta figura legal, regulada principalmente no Estatuto dos Traballadores,
ERTE e ERE: diferencias e métodos de aplicación nas empresas 11 Out

ERTE e ERE: diferencias e métodos de aplicación nas empresas

11/10/2024 ASESORÍA
No ámbito laboral, dous termos fixéronse populares os últimos anos e xeran confusión entre si: ERTE e ERE. Aínda que ambos se relacionan con situacións que afectan o emprego, presentan diferenzas significativas en canto á súa natureza, consecuencias e aplicación. Neste artigo, desde Xestión Boiro